Instituto de la Mujer
La igualdad en los fondos europeos Compartir

A igualdade nos fondos europeos

As intervencións dos fondos da política de cohesión (FEDER, FSE e FC) constitúen un poderoso instrumento de financiamento das políticas públicas, na medida en que:

  • Absorben máis dun terzo do orzamento comunitario.
  • Se concentran en variados ámbitos de actuación, todos eles considerados estratéxicos para a consecución dos obxectivos da Unión Europea a longo prazo: investigación, desenvolvemento tecnolóxico, sociedade da información, inclusión social, emprego, igualdade de oportunidades, eficiencia enerxética, medio, educación, formación, etc. En todos estes ámbitos interésanos aplicar a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.
  • Posúen un grande alcance, dado que se implementan en colaboración cos gobernos dos Estados membros, as autoridades rexionais e locais, os axentes sociais e outras institucións representativas da sociedade civil.

Atendendo á considerable dimensión e alcance dos fondos comunitarios no noso país, así como a súa gran capacidade de actuación e transformación dun lado e, doutro, ao feito de que a promoción da igualdade de xénero está recollida na normativa comunitaria reguladora dos fondos como un principio transversal, o Instituto da Muller asume un dobre papel:

a) Como xestor (organismo intermedio) de actuacións dirixidas a fomentar a igualdade entre mulleres e homes, o Instituto da Muller participa nos seguintes programas operativos:

  • PO de loita contra a discriminación 2007-2013, cofinanciado polo FSE.
  • PO de asistencia técnica 2007-2013, cofinanciado polo FSE.
  • PO de asistencia técnica e gobernanza 2007-2013, cofinanciado polo FEDER.

b) Como organismo nacional encargado de velar polo cumprimento do principio transversal de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes nas intervencións confinanciadas polos fondos.

Para iso, e tendo en conta as peticións dos organismos xestores dos fondos, considerouse necesario artellar unha rede que contribúa a apoiar e axudar ás entidades que xestionan os fondos na incorporación real e efectiva da perspectiva de xénero aos proxectos cofinanciados polos fondos.

Gestión de los Fondos Europeos

Normativa (14 Kb) Arquivo pdf.  Abrirase nunha nova fiestra

W3C. Abrirase nunha fiestra nova