Instituto de la Mujer
Gestión de fondos europeos Compartir

Xestión de fondos europeos

O Instituto da Muller ten unha dobre función en relación cos programas europeos cofinanciados polos fondos estruturais; o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), o Fondo Social Europeo (FSE) e o Fondo de Cohesión:

Velar por que se promova a igualdade entre homes e mulleres e a integración das cuestións de xénero nas diferentes etapas de execución dos fondos (art. 16 do Regulamento (CE) nº 1083/2006 do Consello.

Para velar polo cumprimento da perspectiva de xénero, o Instituto da Muller creou a Rede de Políticas de Igualdade entre Mulleres e Homes, para a aplicación real e efectiva da perspectiva de xénero nas intervencións cofinanciadas polos fondos.

O Instituto da Muller ademais de ser membro dos comités de seguimento dos citados fondos éo tamén dos Comités do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) e do Fondo Europeo de Pesca (FEP).

o Ser o organismo intermedio ou xestor de proxectos no ámbito dos seguintes programas operativos do período 2007-2013:

  • "Programa operativo de loita contra a discriminación cofinanciado polo FSE.
  • "Programa operativo de asistencia técnica e gobernanza cofinanciado polo FEDER

PO de loita contra a discriminación:

No ámbito deste programa operativo o Instituto da Muller desenvolve proxectos dirixidos a coñecer a situación das mulleres en todos os ámbitos da vida, as posibles fendas de xénero e a formación e sensibilización da igualdade entre mulleres e homes.

PO de asistencia técnica e gobernanza:

O principal proxecto que se leva a cabo desde o Instituto da Muller é a creación e funcionamento da Rede de Políticas de Igualdade.

Rede de Políticas de Igualdade nos fondos estruturais e no Fondo de Cohesión 2007-2013

Mapa Gestión de Fondos Europeos

A Rede de Políticas de Igualdade (IGOP) é un foro de debate e análise para mellorar a integración real e efectiva da perspectiva de xénero nas intervencións cofinanciadas polos fondos estruturais (FSE e FEDER) e o Fondo de Cohesión (FC).

W3C. Abrirase nunha fiestra nova