Instituto de la Mujer
Movimiento Asociativo Compartir

Movemento asociativo

Un dos obxectivos do Instituto da Muller é fomentar o asociacionismo das mulleres como instrumento de cambio da súa situación social. Por este motivo, impulsou a creación e mantemento do movemento asociativo ao longo da súa historia, ben directamente mediante a subvención de programas, ben a través da colaboración coas comunidades autónomas e as entidades locais para acadar melloras no ámbito da igualdade de oportunidades no noso país.

A colaboración foi moi estreita e a súa finalidade consistiu en apoiar, con diferentes medios, as organizacións que actúan a favor dos dereitos das mulleres, no entendemento de que sen asociacións fortes e independentes que aborden e transmitan os problemas destas, será moi difícil que a Administración adopte sempre as respostas necesarias.

Así, o Instituto da Muller fomentou, desde os seus inicios, a creación de casas de acollida para mulleres maltratadas, de servizos de orientacións, de pisos tutelados para mulleres xoves con cargas familiares, de centros de asesoramento xurídico, etcétera.

O Instituto non só derivou unha parte importante do seu orzamento a subvencionar actividades destes grupos, senón que tamén impartiu cursos para orientar as asociacións sobre como traballar en cuestións de xénero, elaborou unha gran base de datos con información sobre asociacións, e encargouse de dar difusión a organizacións e centros de interese que actúen no ámbito da igualdade de oportunidades.

Instrumentos de apoio

W3C. Abrirase nunha fiestra nova