Instituto de la Mujer
Formación Compartir

Formación en igualdade de oportunidades

Para que a igualdade entre homes e mulleres sexa real e efectiva requírese, ademais da vontade política, contar cos coñecementos necesarios, as capacidades e técnicas para realizar unha análise da realidade desde a perspectiva de xénero, impulsar investigacións e facer ese coñecemento accesible ás persoas responsables de poñer en marcha as políticas de igualdade, en todos os niveis, co fin de que chegue á sociedade no seu conxunto, para que este coñecemento se incorpore á nosa cultura.

Para acadar este obxectivo, a formación é un instrumento imprescindible. De feito, o deseño e a posta en práctica das políticas de igualdade sempre levan asociadas accións formativas.

O Instituto da Muller colabora nestes procesos mediante a investigación sobre procesos de formación en igualdade, o deseño de metodoloxías específicas, a elaboración de materiais didácticos, a promoción e realización de cursos presenciais e en liña en materia de igualdade e o deseño de indicadores e procesos de avaliación.

Neste apartado ofrecemos unha lista detallada dos cursos en liña e presenciais, das xornadas, encontros e conferencias e dos materiais didácticos. Esta información tamén se pode atopar na guía que recolle o Plan de formación en igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.