Instituto de la Mujer
Publicaciones Compartir

Publicacións

Ao longo da súa historia, o Instituto da Muller desenvolveu un inxente labor de creación e difusión de información sobre saúde, educación, emprego e as múltiples formas de discriminación aínda vixentes contra as mulleres.

O Programa editorial do Instituto consta de diferentes series e coleccións, dentro das que se inscriben guías, folletos, catálogos e outros traballos de apoio e difusión das campañas do organismo.

Un dos obxectivos do Instituto é facilitarlles a institucións, asociacións, bibliotecas e centros de documentación, así como a profesionais e persoas interesadas, materiais diversos que permitan divulgar a situación social das mulleres. Para cumprir con tal fin, distribúense anualmente preto de 200.000 exemplares de publicacións editadas ou adquiridas polo Instituto.

O Instituto da Muller distribúe de forma gratuíta gran parte do seu catálogo editorial: guías, folletos e algunhas das súas coleccións. Ademais, co fin de contribuír á creación dun fondo bibliográfico na área da muller nas bibliotecas públicas, nos centros de documentación das comunidades autónomas e nas ONG, o Instituto doa moitas das súas publicacións, a maioría das cales son de libre acceso en liña. Se queres acceder a estas publicacións debes facelo a través da nosa base de datos en liña.

acceso á base de datos de publicacións Abrirase nunha nova fiestra  

W3C. Abrirase nunha fiestra nova